Programa Re-Export. Axudas para custos das operacións de financiamento de exportacións.

Prazo de solicitude ata o 14 de setembro.
As pemes galegas interesadas en iniciar ou consolidar as súas exportacións aínda poden acollerse ao novo programa re-Export, impulsado pola Consellería de Economía e Industria para facilitar o financiamento dos custos asociados ás operacións de exportación. Este programa habilita, mediante o correspondente convenio con entidades financeiras adheridas, unha liña financeira avalada polo Igape.
 
No marco deste programa, chamado a completar o amplo marco de servizo e apoio da Xunta á internacionalización das empresas galegas, os avais concedidos polo Igape poderán garantir, nun 50%, os custos das operacións de financiamento de materias primas e de fabricación dos produtos a exportar, así como os custos derivados dos procesos de envasado e preparación para o envío ao exterior. Do mesmo xeito, as axudas poden facilitar o cobro anticipado dos importes das exportacións contratadas e materializadas.
 
O programa re-Export está destinado a promover e facilitar as operacións de exportación das pemes galegas de calquera actividade produtiva, ahegando acceso ao financiamento operativo, tanto para iniciar como para ampliar e consolidar a actividade exportadora. As operacións avaladas ao abeiro do programa re-Export, desenvolvido mediante un convenio do Igape con entidades financeiras, oscilarán entre os 80.000 e os 250.000 euros.
 
O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 14 de setembro.