Curso Igape-EOI. Xestión Internacional da Empresa.

En Vigo, no cuarto trimestre de 2012.
OBXECTIVOS
  • Formar ás pemes galegas en materia de internacionalización e en áreas de competitividade nun mercado global mediante un programa de formación especializado e a tutorización de expertos na materia.
  • Preparar ao directivo ou traballador da empresa para elaborar e desenvolver o seu propio plan de internacionalización. Formar a especialistas en comercio exterior.
MÉTODOLOGIA DO-PROGRAMA
Tratase de 3 programas formativos impartidos en Ourense, Vigo e Santiago, que consta de 2 bloques diferenciados:
·         Parte Lectiva: En modalidade Blended Learning (Presencial e on line).
·         Parte Titorización: En modalidade presencial para a realización dun Plan de Internacionalización propio da empresa do participante.
Cada un dos Programas comprende un total estimado de 556 horas, distribuídas en:
·         Fase Lectiva: Estimada en 226 horas (106 presenciales y 120 on line).
·         Fase de Titorización: Estimada en 278 horas (A distribuir entre todos los proyectos/partícipes del Curso).
·         Dirección técnica do curso, estimada en 52 horas.
As materias que se impartirán no curso divídense nos seguintes módulos: manexo de ferramentas, Axudas a internacionalización, Marketing Internacional, Logística, Creatividade, Fiscalidade Internacional, Contratación Internacional, Financiación Internacional, TIC´s aplicadas a Internacionalización, Sostenibilidades e Responsabilidade Corporativa.
Proxecto-Plan estratéxico de internacionalización: Nas titorías, persoais e individualizadas, farase un seguimento dos proxectos de cada participante. A realización do proxecto pretende guiar aos alumnos a través das diferentes etapas que conforman o proceso de internacionalización da empresa obrigándolles a poñer en xogo as funcións típicas da xestión empresarial.
SERVIZOS ADICIONAIS POST-FORMACIÓN
Acceso á Redepyme, pemes en rede, dirixida a pemes e emprendedores co obxecto de apoiar de forma activa a consolidación e creación de empresas en todos os sectores económicos e favorecer a capacidade das pemes españolas para adaptarse ao entorno, a través de formación, asesoramento, foros e puntos de encontro.
PARTICIPANTES
Admisión: Os participantes nos programas deberán cumprir os seguintes requisitos:
·           Ser empresarios/as, persoal directivo ou técnico de pemes galegas que teñan intención de saír a mercados exteriores ou consolidar o seu actual proceso de internacionalización.
·           Superar o proceso de selección.
·           Contar co equipamento informático e de comunicacións necesario para levar a cabo o curso na modalidade establecida polo EOI.
Nº de prazas: Non inferior a 12 nin superior a 30.
LUGAR DE IMPARTICIÓN FORMACIÓN E TUTORÍAS PRESENCIAIS
Esta inscripción é para o curso con tutorías en Vigo
DATAS DE CELEBRACIÓN
A partir do cuarto trimestre de 2012. (Duración aproximada do programa: seis meses).
FINANCIAMENTO
A matrícula é gratuita por estar cofinanciada polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e o Igape (o coste estimado do programa é de 7.200 euros por alumno).
INSCRIPCIÓN
Ata 3 de agosto de 2012 [Inscrición]
INFORMACIÓN ADICIONAL
902 300 903