II Curso de Capacitación en Xestión de Proxectos Europeos de I+D+i.

No CIS en Ferrol.
Dende a Oficina de Programas Internacionais de I+D+i  queremos informar que o CIS GALICIA está organizando o II CURSO DE CAPACITACIÓN EN XESTIÓN DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D+i,  que terá lugar en Ferrol, os días 12, 14, 19 e 21 de xuño.

Trátase dunha acción formativa que ten como obxectivo dar a coñecer os mecanismos e as regras de participación, así como a estratexia para participar con éxito na implementación dos proxectos do 7º Programa Cadro da Unión Europea. 

O curso contará con recoñecidos xestores e expertos na xestión e promoción do 7PC,  e como complemento á parte lectiva do curso, organizarase unha estadía en Bruxelas onde tomar contacto con representantes de institucións europeas de interese.

Toda  a información do curso,  o programa detallado e o procedemento de inscrición poden ser consultados na seguinte ligazón:

CURSO DE CAPACITACIÓN EN XESTIÓN DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D