Convocatoria CIP Eco-Innovacion 2012

Ata o 6 de setembro de 2012.

A Oficina de Programas Internacionais de I+D+i quere informarvos que xa está aberta a convocatoria 2012 de propostas para accións no campo da eco-innovación, dentro do Programa Marco para a Innovación e a Competitividade (CIP).

A convocatoria financiará proxectos:

  • Relativos á primeira aplicación ou replicación no mercado de técnicas, produtos, procesos ou prácticas ecoinnovadoras que
  • foran xa tecnicamente demostradas, pero que,
  • debido a riscos aínda existentes necesitan incentivos para penetrar significativamente no mercado.

Áreas prioritarias:

  • Reciclaxe de materiais
  • Produtos sostibles para a construción
  • Sector da alimentación e das bebidas
  • Auga
  • Greening Business

Data de peche: 6 de setembro de 2012 (ata as 17.00 horas)

Orzamento: 34.8 millóns de €.

Porcentaxe de financiamento: ata o 50% dos custos do proxecto.

Consorcio: Os proxectos poden ser solicitados por unha ou varias entidades, se ben é necesario demostrar o valor engadido europeo do proxecto.

Duración dos proxectos: máximo 36 meses.

Máis información: