Xornada Técnica do IGAPE sobre internalización e incentivos á innovación das PEMEs.

O próximo 21 de marzo, a partir das 18 horas, na Confederación de Empresarios de Pontevedra.
Os incentivos e axudas á internacionalización e á innovación aos que poden acceder as pemes galegas será o obxectivo da xornada técnica organizada pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se desenvolverá o próximo 21 de marzo, a partir das 18:00 horas, na Confederación de Empresarios de Pontevedra - CEP. Avda. García Barbón, 104  - VIGO.
 
Neste encontro haberá relatorios sobre capital risco como instrumento de financiamento complementario ou alternativo, os apoios do Igape á internacionalización das empresas ou o  novo marco de axudas e servizos de apoio á innovación e á competitividade para 2012.
 
Para asistir á Xornada Técnica inscripción na CEP:
 
 
Teléfonos de contacto: 986 439 611 ou 902 300 903