Subvencións para o fomento da investigación e a innovación empresarial.
Orde do 6 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da investigación e a innovación empresarial (...). Entre as subvencións reguladas por esta orde atópanse as seguintes:
- Cofinanciamento de proxectos subvencionados con anterioridade noutras convocatorias de axudas estatais e internacionais (anexo IV).
- Preparación de novos proxectos para a participación noutras convocatorias de axudas estatais e internacionais (anexo V).
Beneficiarios: Empresas de carácter privado con personalidade xurídica, que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Data límite para a presentación de solicitudes: 9 de agosto de 2010.
Para máis información:
- Web: http://economiaeindustria.xunta.es/ga/dxidi/index.php?mod=des&idc=329
- Tel.: 981 95 73 87 / 981 95 73 92 (anexo IV) - 881 99 91 60 / 881 99 91 56 (anexo V)
- Enderezo electrónico: cei.infosegapi@xunta.es



