Actualmente Aclunaga está actuando como entidade de referencia para a coordinación inicial, e asumindo o liderado da creación da plataforma, co apoio do CIS Ferrol. A Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia financia esta actividade.
Esta plataforma concíbese como unha estrutura aberta na que poderán participar entidades como as seguintes:
Empresas.
- Universidades.
- Centros de investigación públicos ou privados.
- Centros Tecnolóxicos.
- Clúster empresariais
- Asociacións empresariais




