A Plataforma Tecnolóxica Naval
defínese como un lugar de encontro e
diálogo de todos os axentes relacionados
co Sector e o seu futuro depende en grande
medida da capacidade de manter e crear
vantaxes competitivas mediante o
desenvolvemento de actividades de
investigación e innovación.
A través da plataforma pretende alcanzarse os seguintes obxectivos:
Proporcionar unha Visión estratéxica do sector e a súa perspectiva de desenvolvemento a medio e longo prazo a través do coñecemento.
Establecer un diálogo e canle de cooperación continuos entre os membros do sector e o resto de institucións en materia de I+D+i.
Contribuír ao máis amplo acordo en materia de obxectivos, estratexia e cooperación a través de conexión en rede (networking) en materia de I+D+i e actuación en común no sector.
Desenvolver a Visión a medio e longo prazo a través do desenvolvemento común dunha Axenda Estratéxica de Investigación.
Contribuír á mobilización axeitada de recursos financeiros a nivel rexional, nacional e internacional para estes fins.
Apoiar a formación e a práctica para o mantemento duns profesionais altamente preparados no sector e nas actividades afectadas.