A Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, está impulsando a creación de determinadas plataformas tecnolóxicas entre as cales atópase a que nos ocupa dirixida a fomentar e producir sinerxías entre os axentes galegos que conforma o sector da construción naval, para participar na planificación da investigación e o desenvolvemento do sector na Comunidade Autónoma de Galicia e, situala como líder en sectores estratéxicos.

A Plataforma defínese como un lugar de encontro e diálogo de todos os axentes relacionados co Sector e o seu futuro depende en grande medida da capacidade de manter e crear vantaxes competitivas mediante o desenvolvemento de actividades de investigación e innovación.